DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 28 de novembro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 9 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, unha vez recibido o informe da Escola Galega de Administración Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante escrito do 27 de novembro de 2024, a que se refire o punto sexto da Resolución do 14 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 23 de outubro) pola que se regula o período de prácticas de seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria,

ACORDA:

Primeiro. Declarar aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria, que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 14 de outubro de 2024, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 205, do 23 de outubro).

A orde de prelación, que se recolle no anexo deste acordo, establécese en concordancia coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2022.

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro deste acordo para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, segundo o disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

Mª Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nomeamento do persoal funcionario de carreira no corpo auxiliar da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Posto

elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

Observ.

115

***3850**

Varela Ordóñez, Ana

108

PSC991000015001121

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

116

***1993**

Dos Reis Varela, María del Pilar

107

PSC991000015001101

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

117

***8360**

Sobrado Eiras, Ladislao

86

PSC991000015001074

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

118

***6017**

Vázquez Diz, Alba

106

PSC991000015001075

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

119

***3245**

Alonso Alonso, Adrián

100

PSC991000015001092

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12

120

***2716**

Prego Prado, Yago

105

PSC991000015001098

Posto base subgrupo C2

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C2

12