DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64372

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

María Pilar Fernández Álvarez, con DNI ***1197**, que actúo como presidenta da Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea, por medio deste anuncio convoco, o vindeiro día 11 de xaneiro de 2025, no Centro Cultural de Forzáns (Ponte Caldelas) ás 16.00 horas, en primeira convocatoria e ás 16.30 horas, en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, se é caso, do que proceda:

1. Lectura das actas anteriores.

2. Estado de contas e pagamento anual de cotas.

3. Situación actual e permiso á xunta directiva de solicitude de novas subvencións.

4. Proposta de novas actuacións. Plan de traballo.

5. Solicitude de nova arqueta.

6. Rogos e preguntas.

Ponte Caldelas, 12 de novembro de 2024

María Pilar Fernández Álvarez
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea