No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 220, do 12 de novembro de 2024, publicáronse as bases xerais e específicas da convocatoria excepcional do concurso de méritos para a estabilización do emprego público temporal e ingreso dunha praza estrutural do Concello de Vila de Cruces, de persoal laboral fixo na categoría de conserxe de instalacións municipais, afectada pola disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, incluída na oferta de emprego público aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local en sesión do 28 de febreiro de 2023 e revogada parcialmente mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o 11 de novembro de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, das 8.00 ás 14.00 horas, ou en calquera das outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello de Vila de Cruces.
Vila de Cruces, 12 de novembro de 2024
Luís Celso Taboada Sánchez
Alcalde
