Mediante o Acordo do Pleno do 5 de novembro de 2024 acordouse someter a exposición pública o expediente para escudo e bandeira oficiais do concello de Ribadeo, polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 16 do Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro.
Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [enderezo https://ribadeo.sedelectronica.gal].
Ribadeo, 6 de novembro de 2024
Daniel Vega Pérez
Alcalde
