DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da convocatoria do proceso de selección dun/dunha técnico/a de xestión, persoal funcionario interino por acumulación de tarefas e creación dunha bolsa de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 221, do 15 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo dun/dunha técnico/a de xestión, funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas e creación dunha bolsa de emprego.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Laxe, 15 de novembro de 2024

Francisco Charlín Oróns
Alcalde