DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO da convocatoria e da selección de funcionario de carreira (expediente 1177/2024).

Procedemento: convocatoria e selección de funcionario de carreira.

Número de expediente: 1177/2024.

Asunto: anuncio relativo á convocatoria dun proceso de selección de funcionario de carreira.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 31 de outubro de 2024, aprobáronse as bases específicas que deberán rexer a provisión dunha praza da Administración xeral, subescala auxiliar administrativa (C2), con vinculación xurídica de funcionario de carreira mediante o sistema de oposición en quenda libre. As bases específicas foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 261, do 12 de novembro de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Fonsagrada, 12 de novembro de 2024

Carlos López López
Alcalde