DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso da parcela do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Oleiros.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26 de setembro de 2024,

ACORDOU:

– Aprobar o cambio de uso dotacional (equipamento) de parcela no recinto onde se localiza o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Oleiros, cuxo contido supón que o equipamento E-2 (albergue) deixa de contar cun uso sociocultural para contar cun uso público-administrativo, de acordo co artigo 121 da normativa do PXOM; a finalidade destes equipamentos é a de ofrecer servizos administrativos e xestionar recursos públicos, facilitando o acceso da cidadanía aos procedementos e trámites necesarios para interactuar coas administracións.

O PXOM é unha disposición xeral polo que contra este poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 24 de outubro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente