DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, da Comisaría de Augas, de información pública do inventario de aglomeracións urbanas que deben elaborar plans integrais de xestión dos sistemas de saneamento.

De acordo co previsto na disposición adicional segunda, puntos 1 e 2, do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e posteriormente modificado para os efectos do presente anuncio polo Real decreto 665/2023, do 18 de xullo, sométese a información pública o inventario de aglomeracións urbanas situadas no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa que están obrigadas a elaborar plans integrais de xestión dos sistemas de saneamento (PIXSS), de acordo cos criterios do artigo 259 quinquies, 2.a) e 2.b) do mencionado regulamento.

O dito inventario pode consultarse no portal web de Augas de Galicia:

https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Planificacion_do_saneamento?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/plans-integrais-xestion-sistema-saneamento/seccion.html&std=inventario-aglomeracions-urbanas.html

As persoas interesadas poden presentar alegacións perante Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, https://augasdegalicia.xunta.gal) no prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

Roberto Arias Sánchez
Comisario de Augas