DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de vinte inmobles situados na aldea modelo de Ferreiros, no concello de Ames (código MRO01A, expediente AM-22-07).

O 15 de novembro de 2024 a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordou o inicio dun procedemento de investigación da titularidade dos bens inmobles, coas características que permiten identificar o ben ou o dereito obxecto de investigación, de conformidade co artigo 19.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e a medida cautelar de integrar transitoriamente no Banco de Terras de Galicia e a súa entrega, para a súa xestión provisional pola Axencia, das parcelas que carecen de posuidor, de conformidade co seu artigo 19.14, que se relacionan no anexo.

Remitiráselle unha copia do anuncio ao concello e mais á dirección territorial correspondente onde radique o ben ou o dereito para a súa exposición ao público no taboleiro de edictos da dita entidade e da unidade durante un prazo de vinte días. Así mesmo, o anuncio será publicado na epígrafe específica da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/investigacion-titularidade/

Remitiráselle unha copia do anuncio á Administración xeral do Estado, para os efectos de que poida alegar, se é o caso, a súa titularidade sobre o ben e, en particular, a data de vacancia do ben anterior á entrada en vigor desta lei ou a existencia dun procedemento administrativo de investigación da titularidade dese ben.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de exposición no taboleiro edictal do concello, as persoas afectadas polo procedemento de investigación, así como tamén a Administración xeral do Estado, poderán alegar, por escrito, canto consideren conveniente, para o cal deberán achegar os datos, antecedentes ou documentos que consideren pertinentes para fundar o seu dereito, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En todo caso, as persoas indicadas deberán presentar, de existiren, os títulos escritos en que se funde o seu dereito e declarar os gravames e situacións xurídicas que coñezan e afecten os seus predios ou dereitos.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Relación de bens inmobles obxecto de investigación da titularidade

Referencia catastral

Polígono

Parcela

15002A076002700000ZO

76

270

15002A076002730000ZD

76

273

15002A076003030000ZD

76

303

15002A076003040000ZX

76

304

15002A076003070000ZE

76

307

15002A076003150000ZW

76

315

15002A076003240000ZP

76

324

15002A076003270000ZF

76

327

15002A076003310000ZM

76

331

15002A076003670000ZD

76

367

15002A076003720000ZI

76

372

15002A076003780000ZH

76

378

15002A076003800000ZU

76

380

15002A076003830000ZA

76

383

15002A076004110000ZH

76

411

15002A076004120000ZW

76

412

15002A076004200000ZQ

76

420

15002A076004240000ZF

76

424

15002A076004500000ZY

76

450

15002A502007580000BI

502

758

Relación de bens inmobles obxecto de integración transitoria
no Banco de Terras de Galicia

Referencia catastral

Polígono

Parcela

15002A076002700000ZO

76

270

15002A076002730000ZD

76

273

15002A076003030000ZD

76

303

15002A076003040000ZX

76

304

15002A076003070000ZE

76

307

15002A076003150000ZW

76

315

15002A076003240000ZP

76

324

15002A076003270000ZF

76

327

15002A076003310000ZM

76

331

15002A076003670000ZD

76

367

15002A076003720000ZI

76

372

15002A076003780000ZH

76

378

15002A076003800000ZU

76

380

15002A076003830000ZA

76

383

15002A076004110000ZH

76

411

15002A076004120000ZW

76

412

15002A076004200000ZQ

76

420

15002A076004240000ZF

76

424

15002A076004500000ZY

76

450

15002A502007580000BI

502

758