O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 4 de novembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:
Nome do monte: O Campo.
Superficie: 0,79 ha.
Pertenza: CMVMC de Tioira e O Batán.
Parroquia: Tioira (Santa María).
Concello: Maceda.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral (R.C.) 32044A50209011 e mais polo río Tioira no seu tramo correspondente á R.C. 32044A50209095.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32044A50205050 32044A50205051 32044A50205052 32044A50205053 32044A50205128 |
Norte |
32044A50200969 32044A50200968 DI0708600PG17G 32044A50200967 DI0708500PG18A |
|
32044A50200638 32044A50205165 DI0708300PG18A DI0708400PG18A 32044A50200970 32044A50200971 32044A50201062 32044A50200972 32044A50200634 32044A50200633 32044A50200355 32044A50200358 32044A50209033 32044A50200362 |
||
|
Leste |
32044A50200361 32044A50200363 32044A50209096 |
|
|
Sur |
32044A50209096 32044A50200354 32044A50209095 32044A50209093 |
|
|
Oeste |
32044A50200636 |
|
O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 18 de novembro de 2024
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
