DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 18 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ariz, nos concellos de Leiro e unha parte residual en Avión.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 4 de novembro de 2024, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Ariz.

Superficie: 81,77 ha.

Pertenza: CMVMC da Serra.

Parroquia: Lamas (Santa María) e unha parte residual en Avión (Santos Xusto e Pastor).

Concellos: Leiro e unha parte residual en Avión.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Os terreos incluídos neste predio-parcela constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos tramos da estrada autonómica OU-212, Beariz-Beade, correspondentes ás parcelas coas R.C. 32041A00109008 e 32041A00109009. Así mesmo, deste predio queda excluída a R.C. 32041A00209002 correspondente cun regato innominado tributario do río Avia.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32041A00200004

Norte

32005A02700132

32041A00209003

Leste

32041A00209005

Sur

32041A00209010

32041A00109001

32041A00109012

32041A00209001

Oeste

32005A02700124

32005A02709021

32005A02700132

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 18 de novembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense