En sesión que tivo lugar o 19 de novembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de novembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 28 de outubro) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, convocado mediante a Resolución do 15 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 14 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 2 da Feira internacional de Galicia Abanca en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do NIF ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao pavillón onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024
Mª del Carmen Calviño Rodríguez
Presidenta do tribunal
