DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64516

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 18 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de outubro de 2024 (DOG núm. 208, do 28 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 15 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 1, 6, 7 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móviles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal