DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2024/00111).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución de desistencia e arquivamento ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, están á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 19 de novembro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente

DNI/Pasaporte

Acto notificado

LU-2024/00111

71061872Z/BR0364881

Resolución de desistencia e arquivamento