DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial da Sionlla, no concello de Santiago de Compostela (expediente 2024AAE2924).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 19 de novembro de 2024 sobre o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial da Sionlla, no concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2924).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade