De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle a persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia, co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
Pontevedra, 19 de novembro de 2024
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-2015/00062 |
35579257M |
|
PO-2017/00217 |
36067244R |
|
PO-2021/00352 |
Y1131516E |
|
PO-2022/00126 |
39493149X |
