DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2011/00379 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado número 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 19 de novembro de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2011/00379

78142124S

PO-2018/00002

39492653C

PO-2020/00367

AQ184092

PO-2022/00653

Z0383504F

PO-2023/00192

44656230M