De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Pontevedra, 19 de novembro de 2024
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
PO-2024/00745 |
36097759H |
|
PO-2024/00745 |
Z1563277H |
|
PO-2024/00767 |
76869320P |
|
PO-2024/00767 |
124376071 |
|
PO-2024/00774 |
44340012Z |
|
PO-2024/00774 |
35577557F |
|
PO-2024/00828 |
12796006W |
|
PO-2024/00828 |
GG255672 |
