DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64555

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira o persoal que superou o procedemento selectivo das prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal correspondentes aos subgrupos A2 e C2.

Publicada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, convocadas pola Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro e BOE do 29 de xaneiro), a proposta definitiva de persoal seleccionado correspondente aos subgrupos A2 e C2, unha vez rematado o prazo establecido na base 8.1, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta parcial feita polo tribunal cualificador e nomear funcionarios/as de carreira as persoas que superaron o proceso selectivo e acreditaron reunir os requisitos establecidos na base 2 da convocatoria segundo se relaciona no anexo desta resolución. Non se inclúen nesta proposta as persoas aspirantes Berta Porto Leis, Sonia González Rodríguez e María Teresa Lodeiro Vales por teren a condición de persoal funcionario de carreira na escala auxiliar ao teren superado o proceso selectivo convocado pola Resolución reitoral do 18 de outubro de 2021 e teren tomado posesión.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario/a de carreira, as persoas as cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do 16 de decembro de 2024.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de xestión. Subgrupo A2

Núm

orde

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***0620**

Pérez Vázquez, Ana María

Provisional

PF000113

Responsable de unidade. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Veterinaria

A1/A2/C1

24

Mañá

Lugo

Subgrupo C1:

licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

2

***3115**

Torreiro Taboada, Ana

Provisional

PF000969

Técnico de xestión. Área de Xestión de Investigación

A2

21

Mañá

Compostela

Escala auxiliar. Subgrupo C2

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***5682**

Losada Montero, Julia

Definitivo

PF000606

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación

C1/C2

17

Mañá

Compostela

2

***2879**

Rubinos Traseira, Verónica

Definitivo

PF000887

Posto base. Centro de Linguas Modernas

C1/C2

17

Mañá

Compostela

Certificado negativo de delitos sexuais

3

***6031**

Cunqueiro Suárez, Ana María

Definitivo

PF000605

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias da Educación

C1/C2

17

Mañá

Compostela

4

***2315**

Varela Balay, Irwin

Definitivo

PF000629

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Medicina e Odontoloxía

C1/C2

17

Mañá

Compostela

5

***1505**

Mato Ríos, José Antonio

Definitivo

PF000634

Posto base. Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Química

C1/C2

17

Mañá

Compostela

6

***6954**

Martínez Rodríguez, Manuel

Definitivo

PF000587

Posto base. Área de Xestión da Investigación

C1/C2

17

Mañá

Compostela

7

***1120**

Piñeiro González, Esther

Definitivo

PF000549

Posto base. Escola de Doutoramento Internacional da USC

C1/C2

17

Mañá

Compostela

8

***7049**

Rodríguez Gesto, Inés

Definitivo

PF000811

Posto base. Centro de Estudos Propios

C1/C2

17

Mañá

Compostela

9

***9707**

Álvarez Boga, Ana Belén

Definitivo

PF000768

Posto base. Servizo de Xestión Académica

C1/C2

17

Mañá

Compostela