Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación da resolución do recurso de alzada, ditada no procedemento no último enderezo coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase a través deste anuncio a dita resolución á persoa citada no anexo, que se empraza para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro da resolución. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 8 de novembro de 2024
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Procedemento BS618D
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
|
32054/0135/24-E |
60272181Z |
Desestimación |
20.5.2024 |
