DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 13 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, sobre actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial e intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro dos requirimentos de documentación e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao requirimento de documentación no disposto no prazo indicado nos ditos actos, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 13 de novembro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A.

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do

requirimento

36/00349-I/96

15931073P

Requirimento de documentación

9.7.2024

36/00202-I/24

33265067Y

Requirimento de documentación

19.8.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G.

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do

requirimento

36/00893-X/24

Y3672680P

Requirimento de documentación

7.10.2024