DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga (expediente 2023/215 ATE).

O 3 de setembro de 2024, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Liña SEQ806 Quiroga, 6, substitución do apoio C7492KHS//31.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios dos concellos de Ribas de Sil e Quiroga, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 16 de setembro de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de setembro de 2024, para que comparezan o día 23 de xaneiro de 2025 nos concellos de Ribas de Sil e Quiroga, sinalados como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios dos concellos de Ribas de Sil e Quiroga estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 14 de novembro de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Data das actas

Hora

Concello

1

40

104

Caracocha

Monte alto

Hros. de Estela Fraga Alba

23.1.2025

12.00

Quiroga

2

6

1020

Baulongo

Prado

Iberdrola

23.1.2025

10.00

Ribas de Sil

3

6

1019

Areas

Prado

Iberdrola

23.1.2025

10.00

Ribas de Sil