O 7 de xullo de 2023, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Reforma LMTA CRG803 no tramo entre os apoios nº 106 e nº 106-35 (O Corgo).
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello do Corgo, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 24 de febreiro de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 31 de xullo de 2023, para que comparezan o día 29 de xaneiro de 2025 no Concello do Corgo, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello do Corgo estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 14 de novembro de 2024
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Nº de predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Data das actas |
Hora |
|
2 |
23 |
48 |
Leiro Xestas |
Monte alto |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
12 |
20 |
99 |
Leiro Agra do Souto |
Labor |
Domingo Castedo Rivas |
29.1.2025 |
12.00 |
|
14 |
20 |
106 |
Leiro Pequeno Souto |
Monte alto |
Domingo Castedo Rivas |
29.1.2025 |
12.00 |
|
17 |
20 |
105 |
Souto |
Monte alto |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
19 |
21 |
88 |
Da Silva |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
20 |
21 |
87 |
A Laxe |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
31 |
21 |
70 |
A Laxe |
Monte alto e prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
35 |
19 |
38 |
Chouso Novo |
Monte alto |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
36 |
68 |
21 |
Lg. San Xoán |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
37 |
21 |
12 |
Recanto |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
38 |
21 |
25 |
Agra de Riba |
Labor |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
39 |
21 |
13 |
Pedregosa |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
|
42 |
21 |
2 |
Campa |
Prado |
Domingo Antonio Abuín Sánchez |
29.1.2025 |
10.00 |
