DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64618

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo I desta resolución.

Segundo. Dar publicidade da relación dos convenios pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre de 2024 polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que se incorpora como anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANEXO I

Relación de convenios subscritos polo Consorcio Galego
de Servizos de Igualdade e Benestar no segundo cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Achega total
do CGSIB

Data da sinatura

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Guitiriz para financiar a reforma e ampliación da escola infantil do Concello de Guitiriz

45.000,00 €

16.5.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ortigueira para financiar actuacións de mellora na Residencia de Maiores do Concello de Ortigueira

50.000,00 €

21.5.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ribadeo para financiar obras de mellora no Centro de Día do Concello de Ribadeo

49.989,42 €

22.5.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Paradela para financiar obras de acondicionamento na Residencia de Maiores do Concello de Paradela

19.978,71 €

18.6.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Taboadela para financiar obras de mellora no Fogar Residencial do Concello de Taboadela

89.999,33 €

18.6.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Xinzo de Limia para financiar obras de acondicionamento do Centro de Día de Xinzo de Limia

22.383,26 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Teixeira para financiar a construción da minirresidencia de maiores do Concello da Teixeira, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Chandrexa de Queixa para financiar as obras de reforma da residencia de maiores do Concello de Chandrexa de Queixa, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

361.094,92 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello dos Blancos para financiar a construción da Minirresidencia de Maiores do Concello de Os Blancos, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Verea para financiar a construción dun fogar residencial para persoas maiores do Concello de Verea, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

728.712,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Dozón para financiar a construción da residencia de maiores e centro de día do Concello de Dozón, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.500.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Toques para financiar a construción da reforma do Colexio Vello de Toques para a construción do centro de día do Concello de Toques, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

283.324,87 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Piñor para financiar as obras de reforma e ampliación dunha edificación para a construción da Residencia de Maiores do Concello de Piñor, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.199.849,09 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Riotorto para financiar a construción da Residencia de Maiores do Concello de Riotorto, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Laza para financiar a construción da Minirresidencia de Maiores do Concello de Laza, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Trasmiras para financiar a construción da Residencia de Maiores do Concello de Trasmiras, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ramirás para financiar as obras de rehabilitación da antiga escola de Freas de Eiras para a construción do Centro de Día do Concello de Ramirás, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

431.791,59 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Fornelos de Montes para financiar a construción dun centro residencial para persoas maiores en dúas edificacións destinadas a antigas vivendas de mestres do Concello de Fornelos de Montes, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.085.305,08 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Vilamarín para financiar a construción do Centro de Día do Concello de Vilamarín, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

599.810,61 €

2.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Manzaneda para financiar a reforma da Residencia de Maiores do Concello de Manzaneda, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

304.865,85 €

3.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Bola para financiar as obras de reforma de instalacións para Residencia de Maiores do Concello da Bola, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

121.644,54 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Xunqueira de Ambía para financiar as obras de reforma dunha edificación para a construción da Residencia de Maiores do Concello de Xunqueira de Ambía, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Boimorto para financiar as obras de reforma e ampliación da Residencia de Maiores do Concello de Boimorto, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

500.000,00 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Crecente para financiar as obras de reforma e ampliación da Residencia de Maiores do Concello de Crecente, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

500.000,00 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Abadín para financiar as obras de rehabilitación do antigo colexio de infantil para a construción da Residencia de Maiores do Concello de Abadín, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Carballeda de Avia para financiar a construción do Centro social para a prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal do Concello de Carballeda de Avia, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

285.301,30 €

5.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Avión para financiar a reforma para a mellora e equipamento de mobiliario do centro integral para a atención ás persoas maiores do Concello de Avión, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

200.000,00 €

6.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Sobrado para financiar as obras de rehabilitación da Antiga Escola de Sobrado para a construción do Centro de Día do Concello de Sobrado, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

348.572,37 €

6.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Peroxa para financiar a construción da Residencia de Maiores do Concello da Peroxa, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

1.200.000,00 €

6.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ribadeo para financiar as obras de reforma do antigo Hospital Asilo Municipal para a súa adecuación como centro residencial para persoas maiores do Concello de Ribadeo

700.000,00 €

8.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Ordes para financiar as obras de construción dunha escola infantil no Concello de Ordes

400.000,00 €

8.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Veiga para financiar as obras de acondicionamento dun inmoble destinado a apartamentos tutelados no Concello da Veiga

349.811,22 €

8.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Tordoia para financiar as obras de remate da fachada e da cuberta dunha edificación para centro social no Concello de Tordoia

299.603,03 €

9.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Gudiña para financiar as obras de rehabilitación, ampliación e adaptación do punto de atención ao maior para a construción da Residencia de Maiores do Concello da Gudiña, en desenvolvemento do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationUE, nos exercicios 2024 e 2025

469.727,78 €

9.8.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello das Neves para financiar obras de mellora do Centro de Día das Neves

25.000,00 €

26.8.2024

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Cerdedo-Cotobade para financiar as obras de recuamento da liña eléctrica da Residencia da Terceira Idade de Carballedo, do Concello de Cerdedo-Cotobade

133.576,14 €

29.8.2024

ANEXO II

Relación de convenios subscritos polo Consorcio Galego
de Servizos de Igualdade e Benestar no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Achega total
do CGSIB

Data da sinatura

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Valga para financiar obras de acondicionamento no Centro de Día do Concello de Valga

19.996,46 €

12.3.2024

Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Oímbra para financiar obras de mellora no Centro de Día do Concello de Oímbra

22.220,94 €

26.3.2024