Primeiro. O día 15.6.2022 o técnico municipal elaborou un informe sobre as parcelas con referencia catastral 07801A0NH2008S0000GZ, 0780105NH2008S0001ZX e 0981109NH2008S0001MX, situadas na rúa Regueira, s/n, na parroquia de Leiro, e sinalou que se trata de tres parcelas con presenza de maleza abundante e árbores. O informe constata que non cumpren coa lexislación en materia de prevención de incendios forestais.
Segundo. O día 15.6.2022 obtivéronse da Dirección Xeral do Catastro datos sobre a titularidade das parcelas obxecto de denuncia. Segundo a certificación catastral, as parcelas con referencia catastral 07801A0NH2008S0000GZ, 0780105NH2008S0001ZX e 0981109NH2008S0001MX figuran coa titularidade en investigación ou a nome de:
|
Referencia catastral |
07801A0NH2008S0000GZ 0780105NH2008S0001ZX 0981109NH2008S0001MX |
|
Identificación da persoa responsable: |
En investigación |
|
Título polo cal é considerada persoa responsable: |
En investigación |
|
Lugar: |
Rúa Regueira, s/n |
|
Parroquia: |
Leiro |
|
Concello: |
Ribadumia |
|
Superficie afectada encadrada en faixas secundarias: |
2.644 m2 |
|
Superficie afectada non encadrada en faixas secundarias: |
0 m2 |
|
Total de superficie afectada: |
2.644 m2 |
Consideracións xurídicas.
Primeira. É competencia das entidades locais a ordenación da execución das obras necesarias para conservar e manter a biomasa vexetal nas condicións precisas que eviten os incendios, en consonancia cos artigos 12 e 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de xeito máis concreto a ordenación e execución subsidiaria da xestión da biomasa nos termos da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais (LPDCIF, en próximas mencións).
Segunda. A LPDCIF establece no seu artigo 21 que será obrigatorio, nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa, xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Ademais, nos primeiros 50 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei. As distancias mediranse desde o límite do solo urbano ou núcleo rural, de ser o caso. As distancias, no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanizacións, mediranse desde o seu paramento.
Terceira. O artigo 22 da LPDCIF sinala que a execución da xestión da biomasa se fará antes de que finalice o mes de maio de cada ano e que, no caso de incumprimento, os entes locais enviaranlles unha notificación ás persoas responsables para que no prazo de quince días acometan as tarefas referidas. De non se executaren estes traballos, as administracións públicas poderán realizar execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa e repercutirlles os custos ás persoas responsables.
Cuarta. O artigo 22 da Ordenanza municipal reguladora da limpeza, salubridade e hixiene no termo municipal de Ribadumia (OMRLSH, en próximas mencións) sinala que os propietarios dos terreos deberán mantelos limpos, libres de restos e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público. Na falta destes, serán os que figuren como titulares catastrais os responsables do cumprimento das obrigas establecidas na presente ordenanza.
Quinta. O artigo 21 da OMRLSH recolle algunhas das obrigas, concretamente, a de manter os predios limpos e libres de residuos (21.1), a de manter os predios libres de animais perigosos ou de focos potencialmente infecciosos, e realizar os labores preventivos que sexan necesarios (21.2), ou a de evitar o crecemento incontrolado de maleza […], así como controlar as plantacións, aínda que fosen crecementos accidentais (21.3).
Sexta. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC, en próximas mencións), establece que cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
Na mesma liña, a Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural (DOG número 87, do 7 de maio), establece no seu artigo 8.1.c) que, cando se trate de persoas físicas e non se poida obter un domicilio para os efectos de notificacións polos medios previstos no punto anterior ou as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificación serán efectuadas directamente mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo. O cómputo do prazo aplicable ás persoas destinatarias das notificacións iniciarase o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
En cumprimento do disposto na LPDCIF, na OMRLSH e na demais normativa de aplicación, en uso das atribucións que me confire a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar á/ás persoa/s responsable/s a realización das medidas de prevención de incendios forestais e xestión da biomasa na parcela da súa propiedade, identificadas catastralmente como 0780110NH2008S0000GZ, 0780105NH2008S0001ZX e 0981109NH2008S0001MX, situadas na parroquia de Leiro, de acordo co previsto nos artigos 21 e 22 da LPDCIF, na parte da parcela encadrada nas faixas secundarias de protección.
Segundo. A realización das tarefas de limpeza e prevención sinaladas no punto resolutivo primeiro farana as persoas titulares do terreo afectado no prazo de quince (15) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o referido prazo, o Concello de Ribadumia realizará sen máis trámites a execución subsidiaria, con repercusión dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas e retiradas, de acordo co establecido na lexislación referida nas consideracións xurídicas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, e a persoa titular do terreo ou dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o acceso necesario para realizar os traballos.
Cuarto. No caso de efectuar execución subsidiaria, o Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
Ribadumia, 11 de novembro de 2024
David José Castro Mougán
Alcalde presidente
