DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas interesadas nun procedemento son descoñecidas, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións practicaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, quedando a eficacia do acto notificado supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/o retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo, co apercibimento de que, en caso de persistencia no incumprimento, pasado este prazo, o concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos:

Expediente número

Ref. catastral

Acto notificado

Interesad@/DNI

2021/X999/000131

5277113NH6957N0001PK

Decreto 287/2024,

do 20.6.2024

Descoñecido: en investigación

Paderne, 15 de novembro de 2024

Sergio Platas Casal
Alcalde