Expediente: 391/2024.
Asunto: procedemento de execución subsidiaria da xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas da parcela 118 do polígono 55.
Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria da xestión de biomasa e/ou de retirada de especies árboreas na parcela 118 do polígono 55, segundo consta no catastro deste concello, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que, con data do 15 de xullo de 2024, se notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22.4 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que, pese ao prazo transcorrido no día de hoxe seguen a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas,
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e os seus custos repercutiranlles ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa conta os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Por este decreto, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local e o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forerstais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,
RESOLVO:
Primero. Aprobar a execución subsidiaria por parte deste Concello de Begonte da xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas da parcela 118 do polígono 55, obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria, dada a carencia de medios municipais propios, á empresa Servicios Forestales Begal, con CIF B56694342, e deberán facilitar os necesarios accesos ás persoas responsables e sen que se requira para iso ningunha autorización.
Terceiro. A especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o alleamento destas nos termos previstos na dita Lei 3/2007; os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.
Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria, e do valor das especies arbóreas retiradas.
Quinto. Notificar esta resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.
Begonte, 16 de agosto de 2024
José Ulla Rocha
Alcalde
