En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Maximino Álvarez Otero.
DNI: ***9469**.
Expediente: DH.A36.75550.
Volume total anual: 16.425 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,6 l/s.
Destino: gandeiro.
Orixe: x= 586048, y= 4722780 (fuso 29 ETRS89).
Lugar: A Eirexa.
Parroquia: Rodeiro (San Vicente).
Concello: Rodeiro.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina, no punto de coordenadas X= 586048.420, Y= 4722780.721. Segundo a información dispoñible, o curso da mina discorre baixo terra polas parcelas 36047A08211392 e 36047A08200401.
Desde a captación parte un tubo soterrado, de 32 mm de diámetro e 42 m de lonxitude, ata o punto de impulsión en que se sitúa o motor, nas coordenadas X=586075.006, Y= 4722750.984.
Desde este punto impúlsase a auga por medio doutro tubo de 32 mm de diámetro e 19 m de lonxitude ata o depósito acumulador de 2.000 l de capacidade a que se conecta a explotación gandeira situada na parcela 36047A082004100000PY.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
