DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 9 de decembro de 2024 Páx. 64605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de decembro de 2024 polo que se notifica a visita para toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/52/2013.

O 3 de xaneiro de 2025, ás 10.30 horas, funcionarios do Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) realizarán unha visita de inspección ás obras obxecto do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/52/2013 (107A2013/48-3).

Para estes efectos, convócanse as persoas interesadas, con DNI 70063753A e 51463958D, para que faciliten o acceso ao interior da totalidade da edificación, os cales poderán acudir acompañados dos técnicos que consideren convenientes.

Por auto 106/2024 do 14.11.2024 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense (ED 167/2024) acorda a concesión de autorización de entrada en domicilio de toma de datos, notificada á APLU o 20.11.2024.

Así mesmo, comunícaselles que non é imprescindible a presenza das persoas interesadas sempre que alguén facilite o acceso á edificación e á totalidade das obras obxecto do expediente para realizar as actuacións indicadas.

No caso de que os interesados non teñan a vontade de facilitar o acceso, deberán comunicar expresamente a súa negativa ao acceso por escrito, nun prazo mínimo de vinte (20) días previo á visita de inspección fixada, dirixida ao Servizo Técnico da APLU.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística