De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 22 de novembro de 2024, mediante a Resolución da Alcaldía número 3207/2024, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación das obras de urbanización do contorno escolar de Meicende (travesía de Meirás), redactado polo enxeñeiro agrónomo Rafael Santos Couceiro (col. nº 583 COEAG) e polo arquitecto Miguel Ángel Abad Blanco (col. nº 1.877 COAG).
Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública, polo período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
|
Nº |
Ref. catastral |
Titularidade |
Exprop. def. (m2) |
|
1 |
4794808NH4949N0001XQ |
Ramos García, Elsa María (Hipoteca a favor de Abanca Corporación Bancaria, Sociedad Anónima) |
69,19 |
|
2 |
4794809NH4949S0001IO |
Cedeira Castro, Fernando 20 % propiedade Cedeira Castro, Jesús 20 % propiedade Cedeira Cedeira, Patricia María 20 % propiedade Cedeira Castro, Francisco Javier 20 % propiedade Cedeira Castro, Dionisio 20 % propiedade |
90,75 |
|
3 |
4794810NH4949S0001DO |
Martínez Rodríguez, José [herdeiros de] |
78,43 |
|
4 |
4794807NH4949N0001DQ |
Fayca Tecnologic, S.L. |
65,45 |
|
5 |
4794811NH4949S0001XO |
Buño López, Josefa 20 % de propiedade Rodríguez Buño, Eva María 20 % de propiedade García Mañana, Estrella 20 % de propiedade Buño López, José 20 % de propiedade Buño López, Jesusa 20 % de propiedade |
8,7 |
|
6 |
- |
12,62 |
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3ª planta, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva esta de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 25 de novembro de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural
