DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de setembro de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario por caseta desmontable para almacén de material náutico e comercialización de actividades de náutica recreativa e de lecer no porto de Laxe (clave 12-21-20-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Pantocazo Orons e Iglesias, S.L., para a ocupación en superficie de dominio público portuario por caseta desmontable para almacén de material náutico e comercialización de actividades de náutica recreativa e de lecer, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 16 de setembro de 2024 e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro no porto de Laxe.

O que se fai público para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 27 de setembro de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro