DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas do proceso de selección, por concurso-oposición, de dous peóns de servizos (persoal laboral na modalidade de interinidade por vacantes).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 224, do 18 de novembro de 2024, publicáronse as bases que deben rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas:

Denominación da praza

1 peón de servizos con carné de conducir B1

1 peón de servizos con carné de conducir B1

Réxime de cobertura

Persoal laboral interino por vacante

Unidade/Área

Recollida de RSU e abastecemento, saneamento...

Categoría profesional

Peón/equivalente a grupo E

Titulación exixible

Certificado de escolaridade, ESO ou equivalente

Sistema selectivo

Concurso-oposición libre

Nº de vacantes

2

O prazo e presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica e na páxina web do Concello de Arbo.

Arbo, 18 de novembro de 2024

Horacio Gil Expósito
Alcalde