DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64877

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación cultural e vía no parque de Traba (San Roque).

Mediante a Resolución da Alcaldía do 30 de xaneiro de 2024, apróbase inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para dotación cultural e pequena vía que afecta a parcela municipal con referencia catastral 1817843NH2811N.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o cal as persoas interesadas poderán presentar alegacións.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas polo plan especial, de conformidade co artigo 47 da Lei 2/2016 e co artigo 86 do seu regulamento de desenvolvemento.

O dito documento pode consultarse na seguinte ligazón: https://etgsacloud.ddns.me/d/s/wUyC2ZHK1UgsFADbQwTWxhitCl3Sahpn/NAigTQrAPG9FZWK7thMzji1F4TGkYORl-mbCgmWNx_Qo, que se expón na sede electrónica deste concello (https://sede.coristanco.gal/sxc/es/informacion/tablon/)

Coristanco, 19 de novembro de 2024

Juan Carlos García Pose
Alcalde