DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64878

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal enxeñeiro técnico agrícola da oferta de emprego público de 2021.

No BOP núm. 115, do 14 de xuño de 2024, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de persoal enxeñeiro técnico agrícola.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 5 de novembro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística