BDNS (Identif.): 766786.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria
Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR), na aplicación orzamentaria 45.04.712B 772.0 (CP 2021 00157), por importe de 1.500.000 euros na anualidade 2024.
Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 5.650.000 euros.
Artigo 2. Prazo de solicitudes
A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 7 de xuño de 2024
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
