DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64713

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2025 (código de procedemento CT207K).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia e o fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, e ten na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a súa exportación. Os destinatarios da actividade da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Neste sentido, a Axencia Galega das Industrias Culturais concorda coa posición da Comisión Europea, que considera que as industrias culturais e creativas xogan un papel estratéxico no crecemento económico, particularmente pola contribución ao emprego de calidade e a produción de alto valor engadido. Particularmente, o sector dos videoxogos revélase como un dos segmentos máis dinámicos, con amplas posibilidades de expansión e desenvolvemento, polo que é amplamente apoiado polas institucións dentro do eido audiovisual.

A Agadic considera que, dentro das súas liñas de actuación de apoio aos videoxogos, ten que atopar un lugar propio para posicionar Galicia como un referente na xeración de contidos e producións competitivas a nivel global e, particularmente, fomentar a competitividade tecnolóxica e non tecnolóxica das empresas galegas de toda a cadea de valor do videoxogo, no convencemento da oportunidade que representa para a industria cultural galega.

Trátase de abrir unha nova canle de actuación de impulso aos sectores culturais, estreitamente ligada á innovación e á creatividade, outorgando un novo impulso ao desenvolvemento da industria audiovisual cultural e creativa.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, o desenvolvemento e a promoción do sector dos videoxogos que permitan un pulo ás empresas deste sector.

Con esta convocatoria de axudas preténdense apoiar todos procesos da cadea de valor do sector dos videoxogos de cara a promover contidos sólidos, ambiciosos e competitivos no mercado global. O obxectivo último é promover proxectos de propiedade industrial galega que contribúan ao fortalecemento do sector.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a creación, desenvolvemento e promoción do sector dos videoxogos da Axencia Galega das Industrias Culturais, e se procede á convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento CT207K).

2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023, serie L), en virtude do cal as subvencións que se van conceder quedan exentas da obriga de notificación previa e de comunicación á Comisión Europea.

Informarase o beneficiario sobre o importe da axuda e o seu carácter de minimis e farase unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 2023/2831.

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida, en virtude da aplicación do artigo 3.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831, non pode ser superior a 300.000 € durante o período dos tres anos previos.

Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, polo menos cun ano previo a esta convocatoria, e cumpran cos requisitos exixidos no artigo 2 das bases reguladoras.

Artigo 3. Financiamento

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade por importe de 150.000 euros da aplicación 13.A1.432B.470.0, código de proxecto 2015 00003, distribuídos nas anualidades 2025 e 2026.

Artigo 4. Solicitudes

4.1. Para poder ser persoa beneficiaria destas subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva establecido nas bases reguladoras e non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Información ás persoas interesadas

6.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais:

http://industriasculturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77 /881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico Agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

6.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de Información xeral da Xunta de Galicia 012.

6.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Artigo 7. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

Artigo 8. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

A entidade outorgante das axudas consignará na Base de datos nacional de subvencións, no prazo de vinte (20) días hábiles a partir da concesión da axuda, a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).

Artigo 9. Rexistro Público de Subvencións

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións, e para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización para a inscrición dos datos facilitados na solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024

José López Campos
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas de concorrencia competitiva para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento CT207K)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207K).

2. A finalidade desta convocatoria é:

a) Contribuír á creación, desenvolvemento, produción, edición, distribución e/ou comercialización de proxectos do sector dos videoxogos.

b) Xerar emprego fomentado o desenvolvemento, a profesionalización e a vertebración do sector dos videoxogos, así como fomentar a presenza da muller na industria e impulsar a consecución da igualdade de xénero.

c) Determinar unha estratexia de comunicación e márketing para aumentar a visibilidade dos videoxogos que responden ás características das condicións e dos requisitos establecidos nestas bases.

3. Estas subvencións son incompatibles con calquera axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se publique no mesmo ano desta convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o mesmo proxecto.

4. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Estas subvencións serán tramitadas e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

7. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023, serie L), en virtude do cal as subvencións que se van conceder quedan exentas da obriga de notificación previa e de comunicación á Comisión Europea.

Informarase o beneficiario sobre o importe da axuda e o seu carácter de minimis e farase unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 2023/2831.

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida, en virtude da aplicación do artigo 3.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831, non pode ser superior a 300.000 € durante o período dos tres anos previos.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, polo menos cun ano previo a esta convocatoria.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

O órgano xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

3. Non poderán ter a consideración de persoas beneficiarias:

a) Ás empresas ou persoas traballadoras autónomas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

b) As agrupacións de interese económico, as comunidades de bens (CB) e as unións temporais de empresas (UTE).

c) As asociacións e outras figuras sen ánimo de lucro.

d) As administracións públicas, os seus organismos autónomos, as empresas públicas e outros entes públicos.

e) As persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.

4. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual que permitan desenvolver correctamente o proxecto proposto nesta convocatoria, así como as autorizacións ou permisos necesarios para poder crealo e desenvolvelo, para o caso de que o proxecto en cuestión se basee nalgún tipo de dereito intelectual preexistente ou alleo á persoa solicitante.

b) Presentar unha única solicitude por empresa e para un único proxecto.

c) Desenvolver a súa actividade dentro da UE. No suposto de que a persoa a desenvolva fóra, perderá o dereito ao cobramento da axuda e deberá reintegrar as cantidades percibidas.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. Estas subvencións teñen carácter plurianual e financiaranse cun crédito total de 150.000 euros, para as anualidades 2025 e 2026, imputables á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.470.0, código de proxecto 2015 00003, da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa seguinte distribución por anualidades:

Importe total

Anualidade 2025

Anualidade 2026

150.000 €

75.000 €

75.000 €

2. Os gastos admisibles serán os que sexan realizados e pagados entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 30 de xuño de 2026. O período de execución subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte ao da presentación da solicitude ata o 30 de xuño de 2026.

3. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de acordo coa orde de prelación de solicitudes establecida no artigo 15.

4. No caso de que os créditos sexan ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esa convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No caso de existiren solicitudes que non acadan o dereito á subvención por se ter esgotado o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de espera formada polas persoas solicitantes que poderán ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por se producir algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos, ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.

6. A intensidade máxima de axuda será do 70 % sobre o custo total do proxecto subvencionable, cunha contía máxima por proxecto de 25.000 euros.

7. O expediente tramítase como anticipado de gasto e no ano 2024 poderase chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Todos os actos ditados no expediente de gasto regulado por esta resolución se entenderán condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento do ano 2025, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produzan aqueles, e a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 4. Proxectos subvencionables e requisitos

1. Terán a consideración de proxectos subvencionables aqueles proxectos dirixidos ao desenvolvemento dun videoxogo en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, comercialización, distribución e difusión, na súa fase de prototipo, sempre que:

a) Non estea vinculado á promoción ou publicidade dunha marca empresarial.

b) Non sexa un videoxogo xa publicado.

2. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por:

• Prototipo: unha primeira versión funcional xogable dun videoxogo, de contido limitado con respecto ao que sería o videoxogo terminado, pero que permite avaliar as dinámicas deste, a súa calidade representativa para mostrar o produto final (demo vs vertical slice).

• Videoxogo publicado: aquel que está dispoñible ao público na súa versión final, en calquera formato, físico ou dixital, e por calquera medio, gratuíto ou de pagamento.

• Distribución: a colocación do videoxogo nas canles tradicionais existentes, como PC, consolas, móbil, TV ou plataformas streaming, e as canles emerxentes para as industrias, como cloud gaming e outras.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados e pagados entre o día seguinte ao da presentación da solicitude destas axudas e o 30 de xuño de 2026, tales como:

a) Gastos de persoal ou servizos profesionais asociados á programación, artes gráficas, deseño do xogo, deseño narrativo, creación de música, son e efectos, probas de validación e calidade, produción ou tradución. Consideraranse subvencionables os gastos de persoal que subscribise un contrato específico, conforme unha categoría laboral asignada para a realización da actividade subvencionada, así como os contratos de profesionais para a realización de tarefas vinculadas ao proxecto nos ámbitos anteriormente descritos.

b) Gastos persoal con limitacións:

O importe total máximo por gastos de persoal (persoal da propia persoa beneficiaria) que non subscribise un contrato específico para o proxecto obxecto da subvención, será o 60 % do custo total do proxecto, cos seguintes condicionantes:

1. As retribucións das relacións laborais dos socios da empresa beneficiaria con ela quedan limitadas da seguinte forma: as retribucións mediante nómina dos socios da entidade beneficiaria non poderán superar o 20 % do importe do proxecto.

2. No caso de que a persoa beneficiaria da axuda sexa unha persoa física dada de alta no réxime especial de autónomos, o traballo desenvolvido por si mesmo para a execución do proxecto non poderá superar o 20 % do importe do proxecto.

c) Custos de ferramentas de hardware e software necesarios para o desenvolvemento do videoxogo, como compra de licenzas ou canons se a súa característica é de ben consumible e a súa única utilidade o proxecto presentado. Para o caso de que poida ter outros usos polo valor que correspondería á súa amortización, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, de imposto de sociedades, polo seu uso no período de execución do proxecto. En ningún caso o custo de adquisición poderá ser superior ao valor de mercado.

d) Gastos derivados da presentación do proxecto en eventos, feiras e encontros profesionais do sector dos videoxogos, ademais da inscrición, de ser o caso. O custo de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os gastos relativos a impostos indirectos, en concreto o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias e demais gastos financeiros, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. Tampouco terán a consideración de gastos subvencionables os gastos administrativos ou de mantemento formal da empresa, como gastos en xestorías, notarías ou similares.

3. Non se financiarán proxectos cuxa actividade esencial sexa netamente formativa ou académica, nin competicións, ligas ou torneos de xogadores de videoxogos.

4. Todas as actividades propostas deberán contar cun interese cultural e/ou artístico.

5. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período subvencionable desta convocatoria.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

Artigo 6. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que a persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor co cal se pretenda contratar a actividade.

2. Admitirase a subcontratación de actividades e servizos co límite máximo do 20 por cento do custo subvencionable de cada proxecto, sempre que as actividades e os servizos sexan subcontratados con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, se poidan incluír facturas relativas a gastos de persoal.

5. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos non artigo 27.7 da Lei 9/2007.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No anexo II constarán, ademais, as seguintes declaracións responsables que se deberán cubrir en caso afirmativo:

3.1. Que a entidade solicitante é posuidora dos dereitos de propiedade intelectual que lle permiten desenvolver correctamente o proxecto proposto nesta convocatoria, así como as autorizacións ou permisos necesarios para poder crealo e desenvolvelo, para o caso de que o proxecto en cuestión se basee nalgún tipo de dereito intelectual preexistente ou alleo á persoa solicitante.

3.2. Que a persoa solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas.

3.3. Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

3.4. Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3.5. Que cumprirá a normativa estatal e autonómica de aplicación.

3.6. Declaración responsable de ser peme.

O organismo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas teñen a dita condición.

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase, ademais, que, de non o facer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

1.1. Documentación administrativa:

a) Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Copia da documentación acreditativa de que cada proxecto é obra orixinal e de que se posúen os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compras sobre eles.

1.2. Documentación técnica.

A persoa solicitante deberá achegar un dossier (anexo III) relativo ao proxecto, que deberá conter, nun máximo de veinte (20) páxinas, polo menos os seguintes puntos:

a) Descrición do proxecto. A persoa solicitante deberá describir o proxecto en cuestións como concepto, historial de versións, a mecánica do xogo, o estado do xogos, interfases, niveis, guión, progreso, contido (personaxes, habilidades, escenarios...), música, imaxes e calquera outro aspecto que considere relevante para a mellor comprensión do proxecto.

b) Descrición das características técnicas e artísticas do proxecto. Trátase de coñecer o alcance da innovación e novidade do proxecto, polo que a persoa solicitante deberá incluír cuestións como orixinalidade do guión, do concepto e do contido do xogo; optimización; simulación física; técnica de representación gráfica e realización; inmersión e uso do 2D/3D, así como calquera outro aspecto que considere relevante para poñer en valor a contribución do proxecto ao mundo do videoxogo.

c) Ficha técnica do equipo onde se reflicta un breve curriculum por cada unha das persoas que o forman, así como as funcións que asume cada unha delas e o tempo de traballo dedicado ao proxecto.

d) Plan de produción en que se indiquen as distintas fases e prazos do desenvolvemento do proxecto, e, expresamente, o momento en que se considera que se conseguirá o prototipo xogable do videoxogo, así como a data de finalización completa do videoxogo.

e) Orzamento de custos (anexo IV). Son os gastos de desenvolvemento do proxecto, segundo o modelo do citado anexo.

f) Plan de financiamento do proxecto, onde se indicarán, de ser o caso, as distintas fontes de financiamento e un plan de negocio.

g) Calquera outra documentación que a persoa solicitante xulgue conveniente para a mellor defensa do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas á Comunidade Autónoma de Galicia.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

– Consulta de ser peme.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presenten dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificacións das resolución e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

a) Examinar as solicitudes e a documentación presentadas.

b) Requirir das persoas solicitantes a emenda ou a achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

c) Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria a persoas profesionais ou expertas na materia, ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirirlles ás persoas solicitantes que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

3. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación das solicitudes presentadas constituirase unha Comisión de Valoración, nomeada pola Dirección da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nestas bases.

2. Esta comisión estará formada por catro persoas: dúas persoas profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos audiovisual e/ou cultural en xeral, das cales unha exercerá como presidente e terá voto de calidade en caso de empate, e dúas persoas pertencentes ao cadro de persoal da Agadic. A Secretaría da Comisión será exercida por unha das persoas do cadro de persoal da Agadic, que actuará con voz pero sen voto.

3. Para a composición da Comisión terase en conta o establecido no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

4. A condición de vogal da Comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituída en ningún caso. As persoas que formen parte da Comisión declararán, por escrito, que non teñen relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se dan algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta que concrete os criterios técnicos definidos nestas bases para aplicalos de xeito coherente e homoxéneo. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental das puntuacións.

6. A avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos e a segunda fase será a avaliación dos criterios técnicos. A puntuación final das solicitudes consistirá na suma de ambas as valoracións.

7. Unha vez efectuada a avaliación, a Comisión emitirá un informe en que relacione as solicitudes por orde de prelación, no cal indicará a puntuación asignada a cada unha delas de xeito motivado, e levantarase unha acta que reflicta as deliberacións e os acordos da Comisión para a súa elevación ao órgano instrutor.

Artigo 16. Criterios de valoración

Os criterios de valoración que rexerán a puntuación dos proxectos son:

Criterios automáticos

60 puntos

1) Interese cultural

8

a) A temática do proxecto está relacionada directamente con algunha das manifestacións culturais das artes plásticas, como a pintura ou a escultura; das artes escénicas, como o teatro, a música, a danza ou circo; da literatura, da arquitectura ou calquera outra manifestación da creatividade e creación artística.

4

b) A temática do proxecto está relacionada estreitamente coa diversidade cultural, coa historia e o patrimonio cultural ou natural de Galicia, ou coas rutas de peregrinación no mundo e o seu significado.

2

c) A temática está dirixida ao público infantil e xuvenil e transmite valores contidos nos ODS, particularmente a igualdade e a diversidade funcional.

2

2) O xogo estará creado ou terá unha versión en lingua galega

6

3) Emprego. Valórase o emprego directo a tempo completo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención no momento da súa solicitude

10

a) Ata 3 persoas traballadoras

4

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

8

c) Máis de 11 persoas traballadoras

10

4) Emprego feminino. Valórase o emprego feminino directo a tempo completo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención no momento da súa solicitude

6

a) Ata o 25 % do emprego é feminino

1

b) Entre o 26 e o 49 % do emprego é feminino

4

c) Máis do 49 % do emprego é feminino

6

5) Emprego creado co proxecto subvencionado

6

a) Ata 1 persoa

2

b) De 2 a 3 persoas

4

c) Máis de 4 persoas

6

6) Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

14

a) Ata o 20 %

14

b) Máis do 21 % ata o 40 %

8

c) Máis do 41 % ata o 70 %

3

7) Público a que se dirixe

10

a) Todos os públicos

4

b) Público xuvenil (15-30)

8

c) Persoas con diversidade funcional

10

Criterios técnicos (memorias específicas de cada epígrafe)

40 puntos

a) Memoria técnica en que se describan a relevancia, o grao de innovación e a consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade artística e técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que poda achegar ao ecosistema do mundo dos videoxogos. Analizaranse cuestións técnicas, como a calidade do deseño gráfico, do son, da música e do deseño da produción, e aspectos artísticos, como a calidade do contido, da narrativa e a orixinalidade.

Ata 10

b) Proxecto transformador. Valorarase a capacidade do proxecto de xerar sinerxías entre diferentes axentes que favorezan alianzas transectoriais e primen a investigación, a experimentación e a innovación.

Ata 7

c) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcados, así como o peso no orzamento doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas, coa pretensión de sustentabilidade no tempo.

Ata 8

d) Incorporación de ferramentas de medición e avaliación dos distintos impactos do proxecto: cultural, económico, social, laboral, etc.

Ata 8

e) Adecuación do proxecto ás finalidades e aos obxectivos establecidos nestas bases; valorarase positivamente a complementariedade das actuacións que formen parte do proxecto.

Ata 7

Para poder optar a unha subvención, a puntuación mínima que debe acadar unha solicitude é 25 puntos nos criterios técnicos.

No suposto de empate entre varios proxectos, observarase a maior puntuación dos criterios automáticos.

Artigo 17. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a Comisión realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 18. Resolución da convocatoria

1. O órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida, e unha vez entregado o informe preceptivo por parte da Comisión de Valoración, ditará a proposta de resolución en que indicará o número de solicitudes propostas para ser subvencionadas e o importe económico correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor segundo a disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG nº 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de quince (15) días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. Esta resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes, será motivada e expresará, polo menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

6. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no cal conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

7. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas as persoas beneficiarias serán informadas por escrito sobre o importe da axuda, sobre o seu carácter de minimis, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativa á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 13.12.2023, serie L).

Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderá ir acompañada tamén da publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://Agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

9. A resolución da convocatoria poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, se prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicaranlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen se comunicar esta aceptación ou sen se producir manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria poderá remitirlle á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de dez (10) días, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da norma.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e das condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables, e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

f) Comunicarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

g) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable supoñerá a non admisión das cantidades desviadas.

h) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos como en todo o material de difusión que se elabore, incluídas notas de prensa e formatos específicos para redes sociais, debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais no desenvolvemento das actividades subvencionadas. 

Adicionalmente, a persoa beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que se produza, tanto dixital como impreso, o logotipo oficial da marca principal da Xunta de Galicia, dispoñible na ligazón web https://www.xunta.gal/identidade-corporativa, seguindo na medida do posible as normas relativas á convivencia con outras marcas que se especifican no Manual de uso da identidade corporativa da Xunta e respectando o tamaño mínimo de reprodución que garanta a lexibilidade.

Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención.

i) Entregar na Agadic o seguinte material xustificativo:

1. Prototipo xogable do videoxogo.

2. Contratos definitivos de compra de dereitos, de ser o caso.

3. Xustificante de inscrición do proxecto no Rexistro de Propiedade Intelectual.

4. Plan de financiamento coas diferentes entradas comprometidas ou en negociación, debidamente xustificadas.

5. Materiais de produción e promoción elaborados.

6. Memoria explicativa dos contactos realizados durante a fase de desenvolvemento, situación actual e evolución do proxecto.

7. Vídeo gameplay ou trailer do proxecto coa autorización para a súa utilización pola Agadic a efectos de promoción e difusión do sector.

Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión do proxecto (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades de promoción.

Artigo 21. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, e debe obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin dan dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da persoa beneficiaria, en que exprese os motivos dos cambios que se propoñen e xustifique a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión, e, en todo caso, deberá presentarse antes de que remate o prazo para a realización da actividade, sen prexuízo do disposto no punto 6 deste artigo.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á da entrada no Rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao/á interesado/a. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa notificárselle ao/á interesado/a.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada, sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009, e un mes antes do remate do prazo de xustificación da primeira anualidade.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención e responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período subvencionable desta convocatoria, entre o día seguinte ao da presentación da solicitude destas axudas e o 30 de xuño de 2026; exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

Deberanse acreditar documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario a persoa beneficiaria da subvención e cuxo expedidor quede identificado nelas.

As facturas e os documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da copia da documentación acreditativa do seu pagamento; en concreto, os extractos e as certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos pola persoa beneficiaria.

En canto á documentación xustificativa dos gastos de persoal, xustificarase mediante contrato laboral fixo ou eventual e as cotas de seguros sociais por conta da empresa, e as nóminas individuais achegaranse coa indicación expresa do réxime da Seguridade Social. Cando non sexa contrato laboral xustificarase mediante o correspondente contrato ou factura.

No suposto do artigo 5.1.b), custos de persoal con limitacións, ademais do anterior, deberán ser asignados a pro rata, segundo un método xusto e equitativo que deberá constar por escrito e presentarse xunto coa documentación.

Ademais, achegaranse xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como de ser o caso, os xustificantes das cotas da Seguridade Social correspondente aos ditos contratos.

4. De conformidade co disposto na Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas, que modifica os artigos 13 e 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando a persoa beneficiaria dunha subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e no suposto de subvencións superiores a 30.000 euros, non poderán obter a condición de persoa beneficiaria no suposto de que incumpran os prazos citados.

A dita circunstancia deberase acreditar coa presentación da conta perdas e ganancias abreviada, e, no suposto de que non se poida presentar acreditarase cunha certificación emitida polo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

5. A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Establécense os seguintes prazos de xustificación:

Anualidade de 2025: o 20 de novembro.

Anualidade de 2026: o 1 de xullo.

7. A persoa beneficiaria deberá remitir, de ser o caso, os tres orzamentos que debe solicitar, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, nos casos que proceda.

8. A persoa beneficiaria deberá achegar, así mesmo, o orzamento dos custos efectivamente realizados (anexo IV).

Artigo 23. Pagamento da subvención

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nesta resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagos á conta, para o cal se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia que exime de constitución de garantías as persoas beneficiarias destas axudas.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

4. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dunha declaración das axudas públicas solicitadas ou recibidas para o proxecto (anexo V).

5. Previamente ao pagamento, as persoas beneficiarias acreditarán que están ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e non son debedores por resolución de procedencia de reintegro.

Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 10.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, serán requiridas para que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.

6. Pagamentos anticipados. As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % cando o importe da subvención concedida non supere o importe de 18.000 euros e sempre que non supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario; cando o importe da subvención supere os 18.000 euros ata un 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros e sen que supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, en virtude do disposto no artigo 63.1 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder o importe de subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Os anticipos terán que ser solicitados cunha antelación mínima dun mes á data de xustificación.

7. Pagamentos á conta. Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O importe conxunto dos pagamentos á conta e os pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedan non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, ao abeiro do artigo antes citado.

8. Constitución de garantías. As entidades beneficiarias que soliciten, e se lles concedan, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto, 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.

Artigo 24. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento por parte da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 25. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos mentres dure a axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, a inexactitude ou a omisión dos datos subministrados pola persoa beneficiaria que serviron de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a terían impedido.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 26. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de efectuar ou efectuado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento procederá o reintegro parcial do seguinte xeito:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Supoñerá a perda dun 5 % non comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

4. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte da suma de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

5. No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 27. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicaráselle á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e no 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 28. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establecen o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 29. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro dela, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

ou http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf»

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 30. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Artigo 31. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 32. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpoñer o recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso, ou desde o día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Disposición adicional. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file