DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nas dilixencias por incumprimento en materia de incendios forestais 24/105/15005/30 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, do Departamento Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 6º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 20 de novembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Dilixencias

Persoa

denunciada

Datos parcela

Acto de

notificación

Concello

Polígono

Parcela

24/105/15005/30

L1.511.262R

Arteixo

40

27

Requirimento

24/105/15071/23

76.487.147A

Porto do Son

32

161

Requirimento

24/105/15017/07

32.407.017V

Cambre

2449421NH5924N0001OS

Requirimento

24/105/15017/08

32.373.360D

Cambre

2647434NH5924N0001RS

Requirimento

24/105/15017/09

32.373.360D

Cambre

2647435NH5924N0001DS

Requirimento

24/105/15066/12

44.831.027W

O Pino

508

415

Requirimento

22/105/15005/55

32.778.126K

Arteixo

19

425

Requirimento

23/105/15022/08

32.566.627F

Cedeira

48

104

Requirimento