De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de vacún de leite con capacidade para 995 prazas no lugar de Barxa, parroquia de Santa Leocadia, concello de Castro de Rei (Lugo), promovido por SAT Otero Novo 1170 XUGA, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impactoambiental/informacion-publica-de-aia
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
