Expediente: IN407A 2023/456-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: renovación do apoio A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR706 Carballo-Cox. Epifanio Campo 6 por fin da súa vida útil.
Concello: A Laracha.
Feitos:
1. O día 19.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor da fin da vida útil dun apoio de formigón da liña de distribución de media tensión LMT LAR706 Carballo-Cox. Epifanio Campo 6 (expediente 27.210), procedente da subestación Laracha, localizado na parroquia de Cabovilaño (San Román), concello da Laracha, proxéctase a súa substitución por un de tipo metálico.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentaron o proxecto de execución denominado Renovación do apoio A3OXXNV7//25 da LAMT 15kV LAR706 Carballo-Cox. Epifanio Campo 6 por fin da súa vida útil, asinado o día 13.9.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 7.5.2024.
• BOP: 17.4.2024.
• Xornal La Voz de Galicia: 24.4.2024.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do 6.6.2024
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Laracha, Augas de Galicia e Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. No día desta resolución, non constan no expediente respostas ás solicitudes de informe.
5. O día 8.11.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
– As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Cabovilaño (San Román), concello da Laracha, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Substitución de apoio nº A3OXXNV7//25 existente de formigón por tipo C-2000/14, que se vai instalar preto do existente cara ao apoio nº A3SDXB1H//24 dentro do mesmo trazado da LMT LAR706 Carballo-Cox. Epifanio Campo 6 (expediente 27.210), procedente da subestación Laracha. Regulación do tramo existente a 15 kV, condutor LA-110, entre os apoios nº A3VX71I8//23 e A3LXPKNN.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 14 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello da Laracha.
Renovación do apoio núm. A3OXXNV7//25 da LAMT 15 kV LAR-706 Carballo-Coxeración Epifanio Campo 6, por fin da súa vida útil.
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
|
CT/ nº do apoio |
Superficie |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15042A16100148 |
Agra de Arén |
Novo apoio nº 25 |
2 |
Labor ou labradío de secaño |
