DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64793

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 26 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

3T/24

Pilar

Díaz Tapia

***4209**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Botánica

Botánica

Santiago de Compostela

C02011

6T/24

Lucía

García-Caballero Pérez

***3839**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Histoloxía

Ciencias Morfolóxicas

Santiago de Compostela

C02014

9T/24

Mª de los Ángeles

Catalina Benavente

***0372**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Dereito Procesual

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

C02017

10T/24

Ana

Rodríguez Álvarez

***8371**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Dereito Procesual

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

C02018

25T/24

Óscar

Horta Álvarez

***4558**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Filosofía Moral

Filosofía e Antropoloxía

Santiago de Compostela

C02033

26T/24

Javier

de Donato Rodríguez

***9593**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Lóxica e Filosofía da Ciencia

Filosofía e Antropoloxía

Santiago de Compostela

C02034

38T/24

Sabela

Balboa Méndez

***4287**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Microbioloxía

Microbioloxía e Parasitoloxía

Santiago de Compostela

C02046

46T/24

Mª del Carmen

Giménez López

***4215**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Química Inorgánica

Química Inorgánica

Santiago de Compostela

C02054

47T/24

Cristina

Núñez González

***3643**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Química Inorgánica

Química Inorgánica

Lugo

C02056