DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64791

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de decembro de 2023 (DOG do 11 de xaneiro de 2024 e BOE do 22 de abril de 2024), convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 17 de xuño de 2024 (DOG do 27 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 18 de febreiro de 2025, ás 16.00 horas, nas aulas 10 e 18 da Facultade de Dereito, Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor