DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de novembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis que supón a extinción da DH.A36.14224 (expediente DH.A36.103899).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Pedro Trigo Gamallo.

Expediente: DH.A36.103899.

Volume total anual: 927,06 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,02 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial en parcela 1518, polígono 514 do Catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Gundiñáns.

Parroquia: Saiar.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta de pedra 1,40×1,40×1,50 m e condúcese, atravesando baixo pista, ás parcelas 1467 e 1468, polígono 514 para rega destas.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de novembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur