DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de obra de recuamento de liña eléctrica no parque San Martiño. Carballo (A Coruña).

Referencia do expediente: AUG-2024-0024.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7. Reparación e mantemento de instalacións.

Orzamento base: importe neto: 38.868,88 euros. Importe total: 47.031,34 euros.

Prazo de execución: un (1) mes.

Importe da adxudicación: importe neto: 38.853,88 euros. Importe total: 47.013,19 euros.

Empresa contratista: Prace, Servicios y Obras, S.A.

b) Título: contrato menor de obra na área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) río Ulla e río Sar-ES014-CP 05-02-11 mediante actuacións na canle do río Valga para mellorar o seu comportamento hidráulico.

Referencia do expediente: AUG-2024-0126.

CPV (referencia de nomenclatura): 45246100-4. Construción de muros de canalización.

Orzamento base: importe neto: 37.353,56 euros. Importe total: 45.197,81 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 36.940,34 euros. Importe total: 44.697,81 euros.

Empresa contratista: Construcciones Cernadas, S.L.

c) Título: contrato menor de obra de actuacións específicas para a eliminación de verteduras na enseada da Malata. Ferrol (A Coruña).

Referencia do expediente: AUG-2024-0041.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8 Traballos de construción de tubaxes para augas residuais.

Orzamento base: importe neto: 38.993,89 euros. Importe total: 47.182,61 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 38.950,00 euros. Importe total: 47.129,50 euros.

Empresa contratista: S.A. de Obras y Servicios (Copasa).

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2) anterior cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60% do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo político 2: unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade P2A: transición verde; obxectivo específico 2.4: favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; liña de actuación 2.4.01: actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia