DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64768

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2024 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría de Minas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 29 de decembro de 2014 pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 24 de novembro de 2014).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría de Minas pola Universidade de Vigo.

Vigo, 29 de novembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría de Minas

Código RUCT: 4314879.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

33

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

120

Cadro 2. Contido do plan de estudos

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Procesos de Carboquímica e Petroquímica

6

OP

Formación avanzada en tecnoloxías

Enerxía Térmica Convencional e Renovable

3

OP

Fundamentos de Xeración Eléctrica

3

OP

Obtención e Transformación de Materiais Metálicos

6

OP

Concentración de Menas

3

OP

Explotación Sostible de Recursos Mineiros

6

OP

Explosivos e Voaduras

6

OP

Mecánica de Rochas

3

OP

Caracterización de Recursos Mineiros

3

OP

Caracterización do Medio Físico

3

OP

Xestión de Recursos Enerxéticos

6

OP

Automática

3

OP

Combustibles Sintéticos

3

OP

Modelización e Avaliación de Recursos Mineiros

6

OB

Formación especializada en tecnoloxías

Enxeñaría de Explosivos

6

OB

Enxeñaría Mineira

6

OB

Enxeñaría de Minerais e Materiais

6

OB

Xestión Integral de Industrias Mineiras

6

OB

Enxeñaría da Auga

3

OB

Túneles e Infraestruturas Subterráneas

6

OB

Matemáticas Avanzadas

6

OB

Simulación numérica aplicada á enxeñaría de minas

Simulación Aplicada a Mecánica de Fluídos

3

OB

Simulación Aplicada a Mecánica de Sólidos

3

OB

Simulación Aplicada a Xeotecnia

3

OB

Simulación Aplicada a Procesos Químicos

3

OB

Enxeñaría e Sociedade

3

OB

Prácticum

Prácticas Externas

9

OB

Traballo Fin de Máster

18

OB

Enxeñaría de Noiros

3

OP

Módulo de optatividade

Xestión, Diversificación, Aforro e Eficiencia Térmica

3

OP

Estratexias de Eficiencia para a Sustentabilidade

3

OP

Bases Xeolóxicas da Minaría

3

OP

Procesado de Datos para Xemelgo Dixital

3

OP

Xestión de Datos Xeoespaciais

3

OP

Xeointeligencia Artificial

3

OP

Contaminación de Solos e Remediación

3

OP

Resolución de Problemas en Enxeñaría Mediante Ferramentas de Código Libre

3

OP

Drons no Ámbito dos Recursos

3

OP

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Minas pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 120 créditos ECTS de que consta o máster.