DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de novembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado San Salvador de Padreiro, no concello de Santa Comba.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, con data do 20.6.2024, acordou iniciar os trámites para a declaración como veciñal en man común do monte que se describe:

• Expediente 434.

• Monte: San Salvador de Padreiro.

• Parroquia: San Salvador de Padreiro.

• Concello: Santa Comba.

• Superficie: 22,78 ha.

Límites:

O monte esta conformado por dúas parcelas:

– Parcela I.

Norte: terreos da canteira, de oeste a leste, coas seguintes referencias catastrais:

15078A007025640000AB

15078A007027060000AD

15078A007026970000AP

15078A007025610000AH

15078A007026830000AE

15078A007026870000AH

Leste: pista forestal e predios particulares (60).

Sur: pista forestal e predios particulares coas seguintes referencias catastrais:

15078A007027080000AI

15078A007027230000AB

15078A007032010000AX

15078A007032020000AI

5078A007032030000AJ

Oeste: con 20 predios particulares.

– Parcela II.

Norte e leste: linda coa referencia catastral 15078A007013010000AH.

Sur: predio da canteira, referencia catastral: 15078A007025610000AH.

Oeste: coas seguintes referencias catastrais de norte a sur:

15078A007026930000AB

15078A007026920000AA

15078A007026910000AW

15078A007026900000AH

15078A007026890000AA

O monte está conformado polas referencias catastrais seguintes:

15078A007027070000AX-172.911 m2.

15078A007032000000AD-52.353 m2.

15078A007026880000AW-2.462 m2.

Enclavados: na zona nordeste presenta un enclavado formado polas referencias catastrais:

15078A007002410000AY

15078A007002400000AB

15078A007002390000AG

15078A007002380000AY

15078A007002370000AB

15078A007002360000AA

Por medio deste edicto e conforme o disposto no artigo 11 da Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e o artigo 23 do seu Regulamento do 4 de setembro de 1992, faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no devandito expediente.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Poderán consultar o antedito expediente no Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 6º andar, 15071 A Coruña.

As alegacións dirixiranse ao Servizo de Montes do Departamento Territorial do Medio Rural da Coruña, e poderanse presentar en calquera rexistro público ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de novembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña