Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.
En relación con isto, na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 30.10.2024 figuran os seguintes acordos:
– MVMC Traviza (expediente 126/78), pertencente aos veciños do lugar de Cabanela, na parroquia de Cabanela, concello de Navia de Suarna.
O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cabanela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 12.7.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_101.
O 29.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Traviza pasa a ser de 114,12 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Ferreirúa (expediente 3/75), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreirúa, concello da Pobra do Brollón.
O 22.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Ferreirúa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 21.5.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_104.
O 27.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Ferreirúa pasa a ser de 474,54 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Pedrafita (expediente 51/76), pertencente aos veciños do lugar de Pedrafita, na parroquia de Pedrafita do Cebreiro, concello de Pedrafita do Cebreiro.
O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_109.
O 1.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pedrafita pasa a ser de 241,69 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Serra de Édramo e Alto da Legua (expediente 21/77), pertencente aos veciños da parroquia Mao San Salvador, concello do Incio.
O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mao San Salvador para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 12.7.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_111.
O 29.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Serra de Édramo e Alto da Legua pasa a ser de 106,69 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Carracedo, Río Seco e Chao de Louxeira (expediente 16/79), pertencente aos veciños da parroquia de Santa María Maior, concello de Mondoñedo.
O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Santa María Maior para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada coa documentación achegada o 26.10.2022. Procedemento con número de expediente 2022_113.
O 29.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Carracedo, Río Seco e Chao de Louxeira pasa a ser de 274,66 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Pígara (expediente 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara, concello de Guitiriz.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pígara para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_129.
O 8.4.2024 foron presentadas alegacións por María M. Ferreiro López, nas que expón que é titular da parcela catastral 188 do polígono 177 de Guitiriz e que así está inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba.
O 5.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado, con indicación de que non se recolle o encravado solicitado pola comunidade ao non estar considerado na clasificación do monte. En canto á parcela alegada por María M. Ferreiro, compróbase que queda fóra do esbozo proposto. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pígara pasa a ser de 681,71 hectáreas.
Esta revisión de esbozo ten en conta a corrección de erro detectado na cartografía resultante do deslindamento co monte da comunidade de Pacios.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Boedos (expediente 8/77), pertencente aos veciños da parroquia de Illán, concello de Begonte.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Illán para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o días 9.7.2024 e 10.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_131.
O 18.10.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado, con indicación de que non se incorpora ao monte a parcela 27007A02600006, solicitada pola comunidade, por non constar o consentimento expreso do titular catastrais. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Boedos pasa a ser de 264,59 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Penedo (expediente 135/78) pertencente aos veciños do lugar de Penedo, na parroquia de Vallo, concello de Navia de Suarna.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude para que se proceda á revisión do esbozo deste monte, conforme o acordo da comunidade de Penedo na asemblea do 10.9.2022. Con posterioridade, o 16.8.2023 achegaron documentación complementaria coa definición do perímetro proposto. Así mesmo, tras serlles requirido, o 18.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_135.
O 22.7.2024, o Servizo de Montes elaborou unha proposta co novo esbozo na que se recolle que a superficie do monte de Penedo pasa a ser de 279,78 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Vilaluz (expediente 95/78), pertencente aos veciños do lugar de Vilaluz, na parroquia do Castro, concello de Cervantes.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilaluz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, os días 20.5.2024 e 12.6.2024 foron presentadas as melloras da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_137.
O 23.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Vilaluz pasa a ser de 183,73 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Río (expediente 94/78), pertencente aos veciños do lugar de Río, na parroquia do Castro, concello de Cervantes.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Río para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 11.1.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_138.
O 3.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Río pasa a ser de 152,64 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Fiosa e Toxedelo (12/81), pertencente aos veciños do lugar de Ardevila, na parroquia de Dorna, concello de Cervantes.
O 26.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Ardevila para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 18.12.2023 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_139.
O 3.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Fiosa e Toxedelo pasa a ser de 140,85 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Vilaver (expediente 105/78), pertencente aos veciños do lugar de Vilaver, na parroquia do Vilaver, concello de Cervantes.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilaver para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, os días 12.1.2024 e 18.1.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_140.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Vilaver pasa a ser de 445,82 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Lamagrande e Condomiña (expediente 3/79), pertencente aos veciños da parroquia de Bande, concello de Láncara.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Bande para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras o requirimento oportuno, o 11.1.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_144.
O 19.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Lamagrande e Condomiña pasa a ser de 49,50 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Meda (expediente 96/79), pertencente á comunidade de veciños dos lugares da Eirexe, Cabezais, Pacio e Vilouzán, na parroquia de Vilouzán, concello de Láncara.
O 27.9.2024 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_145.
O 15.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Meda pasa a ser de 132,47 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Penedo Blanco (expediente 125/76), pertencente á comunidade de veciños dos lugares de Cabarca, Caroceiro e Redondela, na parroquia de San Clodio, concello de Ribas de Sil.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 11.1.2024 foi presentada unha emenda da solicitude. Así mesmo, o 2.6.2024 achegaron documentación complementaria. Procedemento con número de expediente 2022_185.
O 25.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Penedo Blanco pasa a ser de 103,823 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Sampaio (expediente 145/80-13/2017), pertencente aos veciños da parroquia de Cangas-Santiago, concello de Pantón.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cangas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_200.
O 27.5.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Sampaio pasa a ser de 126,46 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Bazal e Torre (expediente 149/80, pertencente á comunidade de veciños dos lugares de Bazal, Cascaxide, A Piúca, O Torrón e A Torre de Vilamirón, na parroquia de Pombeiro, concello de Pantón.
O 28.9.2024 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 26.6.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_201.
O 12.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado, coas seguintes observacións sobre as alegacións presentadas:
As parcelas catastrais 27041A06300004 e 27041A06400058, alegadas por Raúl Sueiro Rodríguez, non están afectadas pola revisión do esbozo.
As parcelas catastrais 27041A06300002 e 27041A06300007, alegadas por Antonio Álvarez Incio, non están afectadas pola revisión do esbozo.
A parcela 27041A06300006, alegada por Manuel Rodríguez Sanchez, non está afectada pola revisión do esbozo.
As parcelas 27041A06300001 e 27041A06300003, alegadas por herdeiros de Aurita Incio Vázquez, non están afectadas pola revisión do esbozo.
En canto ás parcelas alegadas por Virgina Vázquez Váquez, cabe indicar que a parcela 27041A06400032 xa se atopaba incluída no perímetro do esbozo previo á revisión; a parcela 27041A06400060 inclúese no novo esbozo por ser o seu titular catastral a comunidade propietaria do MVMC Bazal e Torre.
De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Bazal e Torre pasa a ser de 551,89 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Chao da Casa (expediente 13/76), pertencente aos veciños do lugar de Chao da Casa, na parroquia de Vilaster, concello de Quiroga.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Chao da Casa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 1.12.2022 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_208.
O 7.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Chao da Casa pasa a ser de 64,89 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Buio (expediente 32/79), pertencente aos veciños da parroquia de Santo André de Boimente, concello de Viveiro.
O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Santo André de Boimente para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_251.
O 7.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Buio pasa a ser de 941,89 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Toca (expediente 71/75), pertencente aos veciños do lugar de Toca, na parroquia de Renche, concello de Samos.
O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Toca para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_252.
O 7.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Toca pasa a ser de 297,99 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Riocereixa (expediente 59/75), pertencente aos veciños do lugar de Riocereixa, na parroquia de Riocereixa, concello de Pedrafita do Cebreiro.
O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Riocereixa para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 29.5.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_261.
O 5.6.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Riocereixa pasa a ser de 325,31 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Rao (expediente 48/77), pertencente aos veciños do lugar de Rao, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.
O 23.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Rao para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_110.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Rao pasa a ser de 572,98 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Castelo (expediente 54/79-4/2019), pertencente aos veciños da parroquia de Galdo, concello de Viveiro.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Galdo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 15.1.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_149.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Castelo pasa a ser de 308,70 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Chas (expediente 51/75), pertencente á comunidade de veciños da parroquia de Barxa de Lor (A Pobra do Brollón) e do pobo de Castí, da parroquia de Quintá de Lor (Quiroga).
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 9.1.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_152.
O 10.9.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Chas pasa a ser de 119,28 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Costa do Páramo (expediente 12/80), pertencente aos veciños da parroquia de Torre, concello do Páramo.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Torre para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_155.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Costa do Páramo pasa a ser de 150,48 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Vilaquinte (expediente 104/78), pertencente aos veciños do lugar de Vilaquinte, na parroquia de Vilaquinte, concello de Cervantes.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilaquinte para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 7.8.2024 presentaron unha emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_157.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Vilaquinte pasa a ser de 388,74 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 22 de novembro de 2024
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo
