Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.
En relación con isto, na sesión que tivo lugar polo xurado provincial o día 30.10.2024 figuran os seguintes acordos:
– MVMC Sarandeiras e Remeite (expediente 123/76), pertencente aos veciños da parroquia de Rairós, concello de Ribas de Sil.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Rairós para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 28.11.2022 presentaron unha mellora da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_190.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Sarandeiras e Remeite pasa a ser de 132,46 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Augasmestas (expediente 32/73), pertencente aos veciños da parroquia de Augasmestas, concello de Quiroga.
O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Augasmestas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude foi mellorada con documentación adicional presentada o 18.1.2023. Procedemento con número de expediente 2022_253.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Augasmestas pasa a ser de 453,13 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Filgueira (expediente 86/76), pertencente aos veciños da parroquia de Filgueira, concello de Palas de Rei.
O 29.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Filgueira para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 8.8.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_257.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Filgueira pasa a ser de 52,77 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Embernallúas (expediente 39/77), pertencente aos veciños do lugar de Embernallúas, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.
O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Embernallúas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 15.7.2024 foi presentada a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_295.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Embernallúas pasa a ser de 215,35 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Mendreiras (expediente 2/87), pertencente aos veciños do lugar de Mendreiras, na parroquia de Martín, concello de Baleira.
O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mendreiras para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 10.2023 foi presentada unha emenda da solicitude. Así mesmo, o expediente foi mellorado coa achega da documentación técnica presentada o 8.7.2024 e 6.8.0224. Procedemento con número de expediente 2022_307.
O 21.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Mendreiras pasa a ser de 153,87 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Moredo (expediente 129/76), pertencente á comunidade de veciños dos lugares de Aldea, Moredo e Souto, na parroquia de Soutordei, concello de Ribas de Sil.
O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da citada comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_310.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Moredo pasa a ser de 371,45 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Pena (expediente 90/80), pertencente aos veciños do lugar de Pena, na parroquia de Cotá, concello de Friol.
O 30.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pena para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 31.1.2023 presentaron a emenda da solicitude. Así mesmo, o 17.7.2024, o expediente foi mellorado coa achega do arquivo gráfico. Procedemento con número de expediente 2022_311.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Pena pasa a ser de 140,81 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Carballal (expediente 18/73), pertencente aos veciños do lugar de Carballal, na parroquia de Vilamor, concello de Folgoso do Courel.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Carballal para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 29.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_313.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Carballal pasa a ser de 604,67 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Vilariño (expediente 38/76), pertencente aos veciños do lugar de Vilariño de Batán, na parroquia de Belaz, concello de Portomarín.
O 22.5.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilariño para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2023_27.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Vilariño pasa a ser de 139,37 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Ana Díaz, Chaira e Vidual (expediente 61/76), pertencente aos veciños da parroquia da Penela, concello de Monforte de Lemos.
O 28.8.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade da Penela para que se proceda a unha nova revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2023_39.
O 20.9.2023 Mª Carmen Rodríguez López presentou un escrito de alegacións no que expón que o predio denominado Costa do Canizo, integrado na parcela catastral 127 do polígono 145 de Monforte de Lemos, é de propiedade particular e así está recoñecido pola comunidade da Penela.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado, con indicación de que o predio alegado por Mª Carmen Rodríguez queda situado fóra del. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Ana Díaz, Chaira e Vidual pasa a ser de 265,23 hectáreas. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Orgoso (expediente 60/76), pertencente aos veciños da parroquia de Cumbraos, concello de Monterroso.
O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cumbraos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 22.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2023_54.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Orgoso pasa a ser de 52,13 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Balsa (expediente 30/92) pertencente aos veciños de Balsa, na parroquia da Ribeira, concello de Navia de Suarna.
O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Balsa para que se proceda á revisión de esbozo dun dos seus montes veciñais, o denominado Balsa, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 23.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2023_58.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte Balsa pasa a ser de 125,04 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Fron (expediente 37/92), pertencente á comunidade de veciños dos lugares de Embernallas e Balsa, na parroquia de Muñís, concello de Navia de Suarna.
O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 23.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2023_59.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Fron pasa a ser de 79,75 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Xestoso (expediente 11/78), pertencente á comunidade de veciños dos lugares de Embernallas, Balsa e Ribeira, das parroquias de Muñís e Ribeira, concello de Navia de Suarna.
O 23.11.2023 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 23.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2023_60.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Xestoso pasa a ser de 115,15 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Cotá (expediente 91/80), pertencente á comunidade de veciños da parroquia de Cotá (agás Coido e Pena), concello de Friol.
O 9.1.2024 tivo entrada unha solicitude da devandita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. A solicitude complementada coa documentación presentada o 12.8.2024. Procedemento con número de expediente 2024_2.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Cotá pasa a ser de 124,07 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Gonzar e Ferrería (expediente 42/76), pertencente aos veciños dos lugares de Gonzar e Ferrería, na parroquia de Gonzar, concello de Portomarín.
O 29.1.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Gonzar e Ferrería para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2024_5.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Gonzar e Ferrería pasa a ser de 161,38 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Corda de Neda (expediente 112/77), pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo, concello de Abadín.
O 27.4.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Abeledo para que se proceda á revisión parcial do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 18.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2024_21.
O 27.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Corda de Neda pasa a ser de 444,19 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Moncaio, Rego Serra Pequena, Cornado, Pedrouzo e Veiga (expediente 64/76), pertencente aos veciños da parroquia de Reigada, concello de Monforte de Lemos.
O 29.4.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Reigada para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2024_22.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Moncaio, Rego Serra Pequena, Cornado, Pedrouzo e Veiga pasa a ser de 135,48 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Vilabade (expediente 32/78), pertencente aos veciños da parroquia de Vilabade, concello de Castroverde.
O 6.5.2024 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilabade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2024_25.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Vilabade pasa a ser de 185,48 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Rubián (expediente 48/78-8/2015), pertencente aos veciños da parroquia de Rubián San Fiz, concello de Bóveda.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Rubián San Fiz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 30.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_159.
O 5.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Rubián pasa a ser de 175,60 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Madorras e Penelas (expediente 93/79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilarello, concello de Láncara.
O 30.5.2023 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilarello para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 14.5.2024 e 5.6.2024 presentaron a emenda da documentación. Procedemento con número de expediente 2023_30.
O 29.7.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Madorras e Penelas pasa a ser de 128,82 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Agudo e Serra de Batán (expediente 19/77-1/2010), pertencente aos veciños da parroquia de Eirexalba, concello do Incio.
O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Eirexalba para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_90.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Agudo e Serra de Batán pasa a ser de 122,88 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Aigas (expediente 87/77), pertencente aos veciños do lugar de Aigas, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.
O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Aigas para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_92.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Aigas pasa a ser de 289,67 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Becerral (expediente 136/77), pertencente aos veciños do lugar de Becerral, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.
O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Becerral para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Procedemento con número de expediente 2022_91.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Becerral pasa a ser de 165,72 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Mercurín (expediente 80/75), pertencente aos veciños do lugar de Mercurín, na parroquia de Seoane, concello de Folgoso do Courel.
O 27.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Mercurín para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 30.7.2024 presentaron a emenda da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_161.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Mercurín pasa a ser de 627,90 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
– MVMC Reboiro, Serra do Galo, Picato, Carballal e Veigas Rozas (expediente 71/77), pertencente aos veciños da parroquia do Picato Santa Cruz, concello de Baralla.
O 28.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade do Picato Santa Cruz para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a proposta que achegan. Tras serlles requirido, o 12.8.2024 e 27.8.2024 presentaron a mellora da solicitude. Procedemento con número de expediente 2022_211.
O 29.8.2024, o Servizo de Montes elaborou un informe no que se recolle a definición do esbozo revisado. De acordo coa cartografía resultante, a superficie do monte de Reboiro, Serra do Galo, Picato, Carballal e Veigas Rozas pasa a ser de 161,77 hectáreas.
Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.
Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 22 de novembro de 2024
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo
