
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora:
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo de internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita os expedientes: contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto dos contratos:
a) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación M.23068-Recuamento de liña eléctrica no Parque de San Martiño. Carballo (A Coruña).
Referencia do expediente: AUG-2024-0025.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base: importe neto: 2.437,38 euros. Importe total: 2.949,23 euros.
Prazo de execución: 1 mes.
Importe da adxudicación: importe neto: 1.725,42 euros. Importe total: 2.087,76 euros.
Empresa contratista: Ingeniería, Medio Ambiente y Prevención del Noroeste, S.L.U. (Iprenor).
b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de M.24057 Obra na área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) río Ulla e río Sar-ES014-CP 05-02-11 mediante actuacións na canle do río Valga para mellorar o seu comportamento hidráulico.
Referencia do expediente: AUG-2024-0128.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base: importe neto: 4.525,48 euros. Importe total: 5.475,83 euros.
Prazo de execución: 2 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 3.394,11 euros. Importe total: 4.106,87 euros.
Empresa contratista: Segurinco, S.L.
c) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada M.24013-Actuacións específicas para a eliminación de verteduras na enseada da Malata. Ferrol (A Coruña).
Referencia do expediente: AUG-2024-0065.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base: importe neto: 4.462,43 euros. Importe total: 5.399,54 euros.
Prazo de execución: 2 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 2.745,00 euros. Importe total: 3.321,45 euros.
Empresa contratista: Atenea Seguridad y Medioambiente, S.A.U.
d) Título: contrato menor de redacción do proxecto de mellora hidráulica dos ríos Valga e Soutiño, na área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) río Ulla e río Sar-ES014-CP 05-02-11 mediante actuacións na canle dos ríos para mellorar o seu comportamento hidráulico.
Referencia do expediente: AUG-2024-0163.
CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6. Elaboración de proxectos e deseños, presupostos.
Orzamento base: importe neto: 14.892,85 euros. Importe total: 18.020,35 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da adxudicación: importe neto: 14.850,00 euros. Importe total: 17.968,50 euros.
Empresa contratista: Ingeniería del Noroeste, S.L. (Inor).
3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuacións referidas no punto 2 anterior cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.
As actuacións enmárcanse dentro do programa no obxectivo político 2 Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible; Prioridade 2A Transición verde; Obxectivo específico 2.4 Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; Liña de actuación 2.4.01 Actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
