En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción e o outorgamento dunha nova concesión cos seguintes datos:
Solicitante: Amalia Silva Meijome.
DNI: ***1360**.
Expediente: DH.A36.02332 e DH.A36.70410.
Volume total anual: 1.929,20 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,2 l/s.
Destino: rega.
Orixe: dous mananciais.
Lugar: Oís Pequeno.
Parroquia: Bermés (Santa María).
Concello: Lalín.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de mananciais mediante dous pozos artesáns de aros de formigón de 2 m de diámetro e uns 10 e 8 m de profundidade, situados na parcela de referencia 36024A177001350000BB, no seu extremo leste e nun punto intermedio, dos cales parte unha condución soterrada de polietileno de 40 mm de diámetro ao longo duns 280 m, en dirección norte para logo a xirar a nordés, ata chegar a unha arqueta na parcela de referencia catastral 0197607NH7209N0001HO, onde se emprega para rega por gravidade logo de paso por un contador.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
