DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación puntual número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Vilanova de Arousa I, Pontevedra.

De conformidade co establecido no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a aprobación inicial da modificación puntual nº 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Vilanova de Arousa I.

Durante o prazo de información pública, calquera persoa poderá examinar a documentación na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial e presentar ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial